Un total de 21 comunicadores chegados desde sete países europeos diferentes, visitaron hoxe a comarca para participar nunha actividade coordinada pola Organización Interprofesional del Vino de España, OIVE, e o Consello Regulador da D.O. Valdeorras. A iniciativa incluiu unha cata dos mellores viños amparados e unha posterior visita a unha adega.
Tras coñecer as características específicas do territorio que visitaron por primeira vez, os asistentes tiveron ocasión de degustar viños brancos e tintos, percibindo así as particularidades de cada un e descubrindo as razóns que abalan a calidade única dos produtos da Denominación de Orixe Valdeorras.
A variedade estrela Godello, pola que amosaron máis curiosidade e interese, resultou ser a máis valorada. Moitos dos participantes na actividade, destacaron a singularidade dunha esixencia única por parte da D.O. Valdeorras, a de clasificar como viño Godello exclusivamente a aqueles elaborados con uva 100% desta variedade, sen admitir ningunha outra.