Vodas de prata da Feira do Viño de Valdeorras



A Feira do viño de Valdeorras Celebra as súas Vodas de Prata coa participación de máis de 20 adegas. O cartaz deseñado por Miguelanxo Prado, o pregón a cargo doxonalista Xabier Fortes e a cociña dochef Xosé Manuel Mallón son algúns dos atractivos desta nova edición da feira.

O presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Casteláns, presentou en rolda de prensa, a XXV edición da Feira do Viño de Valdeorras.nNun acto, no que tamén participou o alcalde do Barco, Alfredo García, Casteláns quixo agradecer a todo o persoal do Consello Regulador e aos vogais do Pleno o esforzo levado a cabo para articular as diferentes accións que se desenvolverán, nesta ocasión un mes antes do que viña sendo habitual, “co fin de aumentar a xa de seu importante repercusión que ten entre os profesionais e os amantes do viño e a súa proxección internacional”.

A Feira, que se celebrará os días 1 e 2 de xuño no recinto feiral, contará co xornalista e director de “A noite en 24 horas, Xabier Fortes, como pregoeiro oficial nun acto que servirá de inauguración oficial da cita.

Nun exhaustivo repaso ao programa da Feira, o presidente do Consello Regulador destacou dúas catas "dunha selección de viños do nosa D.O. que van ter lugar o sábado día 2 e a segunda Edición da Cata Popular , unha actividade gratuíta coa que o público adulto poderá experimentar, en primeira persoa, o traballo que realizan os catadores oficiais que participan en concursos e certames vitivinícolas e que se vai a celebrar o domingo pola mañá.”

Un total de 20 adegas, 3 catas de viño, un showcooking no que o chef Xosé Manuel Mallón despregará toda a súa creatividade, e un concerto a cargo de “Os Alcántara” constitúen os pratos fortes dun programa repleto de cultura, gastronomía, natureza e música que finalizará coa entrega de premios da cata popular como colofón a dous intensos días de viño e festa.

Ademais, a Feira terá un espazo para os máis pequenos nos xardíns da Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras, no que poderán gozar de divertidos inchables.

En canto aos horarios, o recinto feiral permanecerá aberto de 12,30 a 14,30 horas e de 20,00 a 00,00 e este evento tan especial botará o peche o domingo ás 23:00.