Turexpo Galicia, 30 touroperadores na bolsa de contratación



O XIII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2024, o cal se levará a cabo do 30 de maio ao 2 de xuño co apoio da Axencia Turismo de Galicia, contará unha vez máis coa súa recoñecida Bolsa de Contratación. Esta volverá ser unha efectiva plataforma de negocio para a oferta turística participante.

Así, no seu marco están confirmados máis de 30 turoperadores con presenza en once países, como son Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, España, Italia, Israel, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Xordania e Filipinas

Estes operadores coñecerán a oferta de empresas do sector do turismo, a maioría galegas, e tamén destinos. Todos eles poderán mostrarlles detalladamente as súas propostas aos operadores turísticos co obxectivo de que as incorporen ás ofertas que farán aos seus clientes nos países nos que operan. Será a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas partes durante o 30 de maio todo o día e a mañá do 31 de maio, o cal se corresponde co primeiro día e medio do certame, que ademais terá lugar xunto á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.