Gadis promove a alimentación saudable en Salimat


Gadis participa de novo na Feira Salimat co obxectivo de fomentar a alimentación saudable e promover a importancia de consumir produtoslocais e de tempada con actividades variadas dirixidas a todos os públicos. Lola Crespo (Ñamlicioso e Frambuesa e Caramelo) e Carmen Albo (Guisándome a vida), influencers gastronómicas de Galicia, guiarán dez talleres, nos que se prepararán receitas fáciles, saudables e orixinais dando protagonismo aos ingredientes obtidos de produtoreslocais.

Cun máximo de 28 participantes e unha hora e media de duración, os showcookingsterán lugar o xoves e o venres, ás 12.00 e ás 17.00 horas. O sábado e o domingo están previstos tres talleres gastronómicos cada unha das xornadas: 11.00, 13.00 e 17.00 horas. Ao finalizar as actividades, degustaranse os pratos elaborados polos asistentes.

Na foto superior aparece o presidenta da Xunta, Alfonso Rueda, saludando a persoal de Gadis-Ifa (no centro da foto Miguel Freire, director de relacións coa sociedade) logo de inaugurar o salón e durante a visita a cada un dos stands das empresas partipantes na feira que se alongará ata o domingo no recinto Abanca-Feira Internacional de Galicia.