Quiroga, co aceite por bandeira

 


Hai produtos que identifican unha localidade. En Galicia se falamos de aceite, asociámolo irremediablemente con Quiroga, que foi o último reducto olivareiro galego. Aceite de Quiroga é agora mesmo unha marca recoñecida, o santo e seña dos aceites autóctonos, aqueles nos que priman as variedadese Brava e Mansa.

E Quiroga, do mesmo xeito que rinde homenaxe ao viño, pois é unha das cinco subzonas da D.O. Ribeira Sacra, promciona o seu “ouro líquido” este domingo día 21 de abril na Mosta do Aceite, na que participan de 7 elaboradores , 5 quirogueses e 2 da veciña Ribas de Sil.

O mostra celébrase nun entorno con connotacións históricas e etnográficas, en A Farrapa, no entorno do muiño de Bendilló, almazara tradicional privada pero conservada e restaurada polo concello cedida pola propiedade para a ocasión e na que se fai unha demostración da elaboración tradicional do aceite.

Neste entorno, no que tan só hai outra edificación ademais do muiño, a capela de San Xoan da Ferrapa, deronse cita este ano os seguintes elaboradores: Aceiroga, Ouro de Quiroga, Val de Quiroga, Cento por cento, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada.

Un entorno privilexiado, polo que pasa o Camiño de Inverno, para poñer en valor un produto identificativo e identitario da localidade –como tamén o é Montefurado- cunha mostra que naceu no ano 2000 para dar a coñecer o Aceite de Quiroga que anteriormente se elaboraba prácticamente para consumo endóxeno.

Imprescindble neste concello lugués, a carón do rio Sil, é a visita ao Mueso Etnográfico, na pranta baixa do Auditorio Municipal e tamén o Mueso Xeolóxico que dalgún xeito plasma a xeodiversidade da serra do Caurel, pertencente na súa meirande parte aos concellos de Folgoso do Caurel e Quiroga.