Encaixe de bolillos en Camariñas


Coa Semana Santa c hega A Mostra do Encaixe a Camriñas, o encontro "encaixeifro" máis importante do mundo cunha bagaxe de 33 anos de historia. Neste evento, ademais de palilleiras e artesanía, celébrase unha das pasarelas de moda máis importantes de España onde se presentan coleccións dos máis importantes deseñadores nacionais. Comezou este mércores e remata o Domingo de Pascua.

O Encaixe de Camariñas, que conta co apoio total e decidido da Deputación da Coruña, é unha tradición milenaria que se perde no tempo. Desde que hai 32 anos organizouse a primeira Mostra do Encaixe, o valor desta arte foi crecendo exponencialmente. Así, hoxe en día podemos ver o traballo das palilleiras formando parte das coleccións de grandes deseñadores como Modesto Lomba, Charo Carrillo ou Ana Cabranes entre outros moitos.

O director xeral de Comercio y Consumo, Manuel Heredia, salientou na inauguración damostra que se trata dun exemplo de conservación, reinterpretación e actualización continua dun oficio tan tradicional en Galicia como é o do encaixe, e da súa incorporación a outros ámbitos entre os que destaca o da moda.