A Feira do Viño de Valdeorras celebrarase o 1 e 2 de xuño


O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras acordou adiantar unha semana a celebración da XXV Feira do Viño en relación á data inicialmente anunciada. Deste xeito, a Feira terá lugar os días 1 e 2 de xuño.

Tal e como destaca o presidente do organismo, José Ramón Rodríguez Castellanos, “esta decisión tómase para que o foro máis relevante de cantos se celebran no noso territorio amparado de cara a poñer en valor os nosos viños non coincida en tempo e espazo coas tradicionais festas de Viloira”.

“Queremos que a Feira sexa protagonista absoluta en Valdeorras, nun ano moi especial, posto que acada a súa edición número 25. Por iso, prepararemos unha potente axenda de actos paralelos ligada ao foro que iremos anunciando paseniñamente”, sinalou o presidente do Consello Regulador.

.