Gadisa abre un novo Claudio en Frades


Gadisa retail estrea en Frades o primeiro Claudio franquiado de 2024. É un supermercado de proximidade que conta con 120 m2 de sala de vendas e está situado na poboación de Abellá, concretamente no lugar de Vedral. Co foco posto en chegar aos clientes que viven en contornas máis rurais para darlles un servizo esencial, a compañía galega continúa desenvolvendo esta liña de negocio, que contribúe á dinamización socioeconómica do territorio.

A apertura do Claudio supón a creación de dous postos de traballo, en liña coa aposta da compañía por potenciar a xeración de emprego e de oportunidades de emprendemento no medio rural. Preto de mil profesionais traballan nesta liña de negocio, que está implantada en Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid.