Xantar proxecta “a imaxe de Ourense como destino turístico e gastronómico de calidade”


O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, afirmou hoxe na inauguración de Xantar en Expourense, que este Salón proxecta entre os visitantes "a imaxe de Ourense como destino turístico e gastronómico de calidade". O acto inaugural contou coa presenza tamén do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e do director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

No seu primeiro acto en Expourense como membro do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, en calidade de presidente da Deputación, Luis Menor destacou o papel que exerce este recinto "na promoción da provincia de Ourense" coa organización de eventos como Xantar, "a única feira con selo internacional de turismo gastronómico recoñecida polo Goberno de España". Asegurando que esta feira, "emblema para a provincia de Ourense, vai máis aló das nosas fronteiras, deixando unha fonda pegada de Ourense e de Galicia nunha morea de países".