O Concello de Sanxenxo continúa coas melloras nas praias do municipio coa dotación de dúas novas cadeiras anfibias que se suman ás seis xa dispoñibles nas praias de Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas e Major.
Ademais, completouse o panelado das torres de vixilancia nos areais de Foxos e Baltar con imaxes do municipio que melloran a estética e a confortabilidade, ao actuar como cortaventos. A adquisición deste novo material conta cunha axuda da Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural (Agader).