Preto de 70 veciños e veciñas de Lugo participan na penúltima semana do Coñece a túa provincia


Preto de 70 persoas de tres entidades do concello de Lugo participan estes días na que é a penúltima semana da presente tempada do programa Coñece a túa provincia da Deputación. Viaxarán, neste caso, pola Ribeira Sacra grazas a esta iniciativa de rutas gratuítas que puxo en marcha a institución provincial para entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer tamén o turismo de proximidade.

Durante a tempada de outono, dende que comezou en setembro ata este mes  de novembro, son máis de 1.150 persoas de 52 entidades da provincia as que percorreron Lugo con este programa que a Deputación puxo en marcha co obxectivo de que a veciñanza coñeza mellor toda a riqueza patrimonial das distintas comarcas lucenses e dinamizar desta forma a economía local, sobre todo o turismo, a hostalería e o comercio. A vindeira semana finalizarán as viaxes con tres entidades de Lugo e O Páramo.