O presidente provincial, Luis Menor, recibiu na Deputación ao director e ao secretario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Nuno Almeida e Xosé Lago. Neste encontro, os representantes de ambas institucións puxeron de manifesto a importancia da cooperación transfronteiriza como eixo vertebrador e de desenvolvemento de ambos territorios. Acordaron reforzar as liñas de colaboración xa en marcha, así como explorar novas vías nas que a provincia de Ourense e os municipios portugueses continúen a cooperar en accións que redunden no asentamento da poboación, a creación de traballo e a posta en valor dos recursos turísticos de ambos territorios.
Así, un dos grandes acordos da reunión desta mañá é que retomarase a creación dunha nova AECT (Asociación Europea de Cooperación Transfronteiriza), que abranguerá a zona da Reserva do Xurés-Gerés, cos concellos que van dende Padrenda ata Verín-Chaves. "Estamos nunha aposta serie e firme e xa estamos a traballar nos seus estatutos, pois é unha zona moi importante que precisa desta colaboración".