O selo Artesanía Alimentaria incorpora novas empresas


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, entregou as licenzas de uso da marca Artesanía Alimentaria a María del Pilar Alonso, de Xacobleas; a Herederos de BSA, de cervexa Meiga; a Jamones González; a David Liñares, dos meles De Liñares; e a Queixos Castelo de Braña. O acto de entrega tivo lugar na feira asistiu Feira Etiqueta Negra de Pontevedra que cerra hoxe as súas portas.

Este distintivo garante que a obtención das producións se rexe pola norma técnica pertinente, que recolle unha serie de requisitos relativos ás materias primas e aos procesos de elaboración autorizados, ao seu modo de presentación e a como deben ser a rastrexabilidade e o control.

Estas empresas súmanse ás 80 -0o firon tamén os proidutores que se diron cita nesta edición deste salón do gourmete galego- que xa están adheridas ao selo Artesanía Alimentaria, que conta con máis dun cento de artesáns rexistrados neste distintivo de calidade promovido para diferenciar as producións do agro e do mar que se elaboran de xeito tradicional, así como para protexer os seus produtores.