O Salón Internacional de Turismo Gastronómico chega a súa 24 edición en Expourense


O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe en Expourense na presentación da 24ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará neste recinto feiral do 2 ao 5 de novembro.

Rosendo Fernández, quen puxo en valor o traballo realizado por Expourense a prol do desenvolvemento económico e social da provincia, lembrou que a Deputación de Ourense estará, un ano máis, a través do Inorde co seu propio restaurante para "promocionar a calidade enogastronómica da provincia a través do menú "Vía da Prata – Provincia de Ourense", no que integramos produtos elaborados a base do noso programa de razas autóctonas, ademais dos procedentes dos nosos tradicionais aliados Coren e Cuevas.