Abel Caballero reivindicou o “peso” propio da celebración do Nadal en Vigo a dous días do acendido oficial, programado para as 20.00 horas do venres. “En pouco máis de 48 horas arrinca o Nadal do planeta”, afirmou ao asistir á estrea do photocall despregado no centro comercial Travesía coa fotografía da cantante norteamericana Mariah Carey. Acompañado polos concelleiros Ángel Rivas e Ana Laura Iglesias, o alcalde apuntou a singularidade da árbore de Nadal “que contará cun xogo de luces marabilloso”, e indicou que competir con Vigo é unha “tarefa van”.