Máis seguridade para a Catedral e a oficina do peregrino


O Consello da Xunta aprobou incrementar en preto de 300.000 euros a axuda que este ano lle outorga a Xunta de Galicia ao conxunto catedralicio de Santiago de Compostela para a seguridade e o control de accesos tanto da Catedral compostelá como da Oficina de Atención ao Peregrino. O Goberno autonómico dá así resposta ao reforzo de persoal que tivo que facer o templo ante o incremento de peregrinos e visitantes e tras abrir o novo circuíto de abrazo ao Apóstolo. Así, hoxe aprobouse unha addenda ao convenio que se asinara este ano coa Fundación Catedral de Santiago e a SAMI Catedral de Santiago por 730.231 euros e ao cal agora se suman outros 295.197 € euros máis, que financiará Turismo de Galicia, para sufragar os gastos extraordinarios de persoal (vixi,antes e auxiliares) que tivo que facer o conxunto catedralicio este ano. Con este incremento, a contía achegada pola Xunta á Catedral para a vixilancia e o control de accesos elévase por tanto a 1.025.428 euros.