Lugo suma 25 persoas especialízanse en enoturismo

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto,  mantivo un encontro este luns en Palas de Rei cos 25 profesionais que participan no curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), grazas á colaboración da Deputación de Lugo. A institución provincial aporta 40.000€ para o desenvolvemento desta acción formativa, que remata hoxe 28 de novembro tras seis días de formación. 

Pilar García Porto destacou que esta nova colaboración coa APHEL enmárcase “na firme aposta que estamos facendo dende a institución por consolidar un turismo de calidade, de proximidade, sostible e de experiencias”, porque, “o enoturismo é un exemplo perfecto dese turismo que buscamos: non masificado, que aporta valor engadido, sostible e que crea riqueza e emprego”.