Fairway vén de abrir as portas da edición máis completa e máis internacional, coa temática da Economía Circular como fío condutor do seu amplo programa de actividades. O Pazo de Congresos e Exposicións acolle unha feira na que participan máis de 80 expositores nos que están representados os Camiños de Santiago e practicamente todas as comunidades autónomas, ademais de destinos de fóra de España (Portugal, Malta, ou Xapón, entre outros).
A inauguración oficial do evento desenvolveuse esta mañá e contou coa asistencia do deputado delegado do Camiño na Deputación de A Coruña, Antonio Leira, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. Os codirectores do Fairway, Ana Trevisani, Manuel Oreiro e Tono Mugico, acompañaron ás autoridades no seu percorrido polos máis de 2.000 m2 de espazo feiral para despois proceder á apertura desta cita.