Etiqueta Negra trai delicatessen a Pontevedra do 11 ao 13 de novembro


Etiqueta Negra, a feira do gourmet galego, que contará con 65 expositores, celébrase en Pontevedra o 11 ao 13 de novembro. Haberá produtores de conservas e de viño, cervexa, queixos, embutidos ou postres, entre outras delicar¡tessen made in Galicia. Todos eles destacan pola calidade das súas propostas, moitas delas artesás e moi pegadas á terra.

O evento, que organiza o Concello de Pontevedra e no que tamén colabora a Deputación, contará con show coockings en directo e espazos para que o público poida tomar algo. Haberá un posto de hamburguesas de todo tipo (tamén opcións veganas), outro de doces e café.

Como anticipo da feira, e a modo de limiar, celebrouse unha cata de cervexa no Gastroespazo do Mercado de Abastos que trouxo a Pontevedra a Xosé Magalhaes, cociñeiro e responsable de Ceibe, restaurante ourensano que en 2022 logrou unha Estrella Michelin. O chef fíxose cargo da tapa de polbo que se serviu no evento, que forma parte da programación Etiqueta Negra.