En marcha as catas dos queixos e meles de Galicia


A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, está a preparar a XXII edición das Catas de Meles e a XXVI das Catas de Queixos, que recoñecerán neste mesmo mes aos mellores produtos galegos nestes dous ámbitos. Máis de 50 industria, entre envasadoras de meles e queixerías de toda Galicia, están inscritas nestas catas e das que se coñecerán os premiados os días 14, no caso dos meles, e o 15, nos queixos.

Na Cata de Meles participarán 52 mostras -31 monoflorais e 21 multiflorais- pertencentes a 25 industrias da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. O 64% das envasadoras que forman parte da IXP estarán presentes nestas catas.

En canto á Cata de Queixos haberá 18 mostras da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla, 20 serán da DOP Arzúa-Ulloa -catro deles curados-, seis da DOP San Simón da Costa e, finalmente, haberá dúas da DOP Cebreiro.

Preto de 30 queixerías participan nesta cata, estando algunha delas en máis dunha denominación de orixe. O resultado é que o 80% das queixerías inscritas nalgunhas destas denominacións de orixe, estará presente na cata.