É o momento da Torta de Casar


O Consello Regulador de Torta del Casar asume a presidencia da asociación de selos de calidade Origen España. Así se aprobou na Asamblea xeral celebrada en Madrid, na que tamén se renovaron os cargos da xunta directiva. 

O presidente da DOP Torta del Casar, Ángel Pacheco, será o presidente da Asociación durante os próximos dous anos, prorrogables outros dous. Un mandato no que estará acompañado polos consellos reguladores de Jabugo, Sierra Mágina e Queso de Murcia e Queso de Murcia al Vino, nas vicepresidencias; mentres que o de Jijona e Turrón de Alicante ocupará a secretaría. O Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia asume agora o papel de tesoureiro, e Espárrago de Navarra, Calasparra, Faba Asturiana, Plátano de Canarias, Sobrasada de Mallorca, Vinagre de Jerez e Guijuelo toman as vogalías. 

O presidente das IXP Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego, que presidiu tamén Origen España durante os últimos 6 anos, Jesús González, sinalou a honra de dirixir a asociación durante este tempo. “Asumín a presidencia apostando por un proxecto integrador, innovador e competitivo, e creo que alcanzamos os obxectivos marcados polos integrantes da xunta directiva saínte”.