Don Crisanto, Pazo de Anzuxao, Arqueixal e Castelo, `queixos de ouro´


Busca queixos para este Nadal?, os mellores de Galicia, ao menos segundo o xurado avaliador da XXVI Cata dos Queixos, son Don Crisanto, Barral e Quesería del Eume, ouro, prata bronce na DOP Queixo Tetilla; Pazo de Anzuxao, Queinaga e Barral, tamén ouro, prata e bronce, respectivamente, na DOP Arzúa-Ulloa, denominación na que tamén levou un ouro Arqueixal, na categoría de curados. Os gñadores nas DOP San Simón da Costa e Cebreiro foron, respectivamente, Don Crisante e Castelo.

En Galicia hai outros queixos que se elaboran fora das DOP que gozan de recoñecido prestixio, máis alá da oficalidade que amparan os consellos reguladores. Son queixos que xa ten triunfado en concursos nacionais e internacionais, moitos deles altamente recomendables.

E para adozar calendas que se achegan nada mellor que a mel. A XXII Cata dos Meles de Galicia que convoca, xuntamente coa dos queixos, a Consellería de Medio Rural, a través da Agacal, deparou os seguintes resutados: En meles multiflorais os podio quedou conformado por O poder das flores, Manuel Sante e Mel de Monfero, que foron ouro, prata e bronce, respectivamente. Mesmo escalofón que correspondeu nas monoflorais a Meles J.S., O poder das flores e Mel de Modeiras.

O panel de catas estivo integrado por 19 expertos que analizaron as 54 mostras de 25 industrias de mel e as 47 de queixos pertencentes as 30 queixerías.