Doce eran doce os establecementos lugueses con mellores tapas


Tras facer o reconto dos votos emitidos polo público, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, desvela os doce establecementos finalistas da décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo: Casa d’Auga, El Dotmas Bar, El Boni, Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, Mesón El Castillo, O Cincuenta e Seis, O Figón, Orixe do Campo, Paprica, Prebe By Bret, Pulpería O Castelo e Santeiro`s Terraza.

Esta fin de semana, dende o venres 24 ata o domingo 26 de novembro, estes 12 establecementos están a ofrecer novamente as súas as creacións ao público e nesta fase será un xurado técnico o encargado de percorrer os doce locais para avaliar e outorgar un primeiro, un segundo e un terceiro premio, ademais das maridaxes con cervexa Estrella Galicia e con viño da Ribeira Sacra.