Caballero: "O aeroporto segue a crecer a velocidade de cruceiro"


O alcalde destacou este luns a actividade do aeródromo de Vigo, xa que por cuarto mes consecutivo supera a barreira dos 100.000 usuarios e por sétimo mes o nivel de ocupación supera o 75 por cento.

O rexedor destacou que o aeródromo tamén aumentou o número de voos, ao contar con 1.233, que representan un ascenso do 16,8 por cento con respecto ao ano pasado. Ata principios de novembro un total de 968.886 persoas utilizaron a Peinador para os seus desprazamentos. Así o tránsito acumulado anual creceu en n 23,7 porciento sobre o de 2022, que contou con 783.421 usuarios. "Esta é unha cifra de récord que sintetiza o éxito da cidade de Vigo porque o éxito dun aeroporto é o dunha cidade", afirmou.