A Deputación unificará os servizos de xestión das visitas aos castelos de Soutomaior e Sobroso e ao Museo de Pontevedra




O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou da aprobación na Xunta de Goberno do expediente de contratación dunha plataforma tecnolóxica de xestión automatizada das visitas ao Museo de Pontevedra e aos castelos de Soutomaiore Sobroso. A institución provincial dedicará 150.000 € a este servizo durante os próximos catro anos co obxectivo de implementar “unha mellora para a experiencia dos usuarios á hora de acceder aos maiores atractivos turísticos e culturais dos que dispón a Deputación de Pontevedra”.

Con esta nova plataforma, asegurou o presidente provincial, “imos mellorar os sistemas de acceso e venda de entradas destes tres centros co obxectivo de axilizar este servizo”. Este novo sistema vai “unificar os tres sistemas de venda de entradasque na actualidade están individualizados para permitir que estean interconectados e, así, que se poida xestionar dunha forma moito máis rápida o acceso”. O novo servizo permitirá tamén “obter información das visitas para poder facer melloras nos servizos prestados e nos recintos”.