Viveiro dixitaliza 80 quilometros de rutas de sendeirismo para impulsar o turismo sostible

O Concello de Viveiro anunciou a dixitalización de máis de 80 quilómetros de rutas de sendeirismo e paseos, dentro do programa ‘Descubre Viveiro’, para impulsar o turismo sostible e de natureza.

A presentación das rutas correu a cargo da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e Horacio Albo, de EI Estudio de Comunicación.

“Desta maneira, foméntase un turismo desestacionalizado e respectuoso cos nosos numerosos recursos naturais, o Souto da Retorta, a ruta dos Muíños de Balea, a subida aos nosos montes máis importantes, San Roque, Castelo, Penedo do Galo, o paseo fluvial, o paseo marítimo e moitos máis, evitando deste modo as masificacións nun so lugar”, explicou a alcaldesa de Viveiro.

Marisol Rey engadiu que “os visitantes poden consultar virtualmente as rutas para escoller a que máis lle interese a través de vídeos dos percorridos, galerías de fotos, tracks, catalogación das rutas co sistema M.I.D.E., perfís, etc”.