Viveiro acadou en verán cifras record de ocupación




O Concello de Viveiro pechou un verán no que a vila foi unha das grandes referencias turísticas da Mariña e de Galicia, con records de ocupación, que en varias semanas de xullo e agosto chegou ao 100%. “Un turismo de verán cada vez más desestacionalizado, xa que en maio xa había moita xente e as reservas son boas ata outubro”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A concelleira de Turismo, Marisol Rey, explica ademais que “as estancias son cada vez máis longas, e hai moita xente que unha vez en Viveiro intenta quedarse máis días”.

Aínda que predomina o turismo nacional, houbo tamén moitos visitantes estranxeiros de 41 países e pola oficina de turismo pasaron nos meses de xullo e agosto 48.226 persoas (o ano pasado 42.385 persoas).