Vigo continúa coa montaxe dos elementos decorativos e luminosos do Nadal


Abel Caballero deu conta este martes da evolución dos traballos de montaxe dos elementos decorativos e luminosos do Nadal de Vigo, que “hoxe remata a montaxe do Castelo de Nadal e arrincará co Bosque”. O rexedor tamén sinalou que a continuación irá a Estrela Polar e Boneco de Neve, todos eles están en Policarpo Sanz e García Barbón.

Unha vez instalados estes 4 elementos continuarán coa Estrela-pórtico; o oso con agasallos e a carroza de Nadal, todos eles tamén Policarpo Sanz. Despois chegará a rúa Príncipe coas árbores conolumínicas; os corazóns iluminados no cruzamento con Eduardo Iglesias e o conxunto de animais diante do museo MARCO.

Os elementos 3D decorativos de mediano formato instalaranse en diversos puntos da cidade como a rúa Teixugueiras (Navia); en Gregorio Espino (O Calvario); Bouzas; Praza de Independencia e rúa do Progreso