Rías Baixas: Obxectivo incrementar un 50% as vendas a USA e Gran Bretaña


O Plan Director 2030 da D.O, Rías Baixas marca entre os seus obxectivos o de incrementar nun 50% as exportacións ao mercado norteamericano e británico e aumentar en cinco millóns de litros as vendas no mercado nacional. Entre as principais conclusións deste plan, apóstase por máis volume (sen perder calidade), máis internacionalización, máis elaboración de viños premium e máis sustentabilidade e innovación, coa vista posta en duplicar o valor da denominación, compartindo algúns fins coa futura Lei da calidade alimentaria, que se atopa actualmente en trámites no Parlamento.

Á presentación desste plan director aos adegueiros de Rías Baixas asitiu o conselleiro de Medio Ruralñ, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos. Neste acto González puxo en valor o traballo dos homes do viño, que propiciaron un cambio “espectacular” nesta zona de produción e a súa tradición vitivinícola milenaria, que se viu reforzada desde a constitución do Consello Regulador.

O viño de Rías Baixas está posicionado nos mellores mercados e que segue por unha senda de “colleita de éxitos” en números e -especialmente- en calidade, ata o punto de que nesta denominación elabórase “un dos mellores viños brancos do mundo”, segundo precisou o conselleiro de Medio Rural, José González.