Pontevedra convérteuse na primeira cidade de Galicia, e quizais do mundo, en contar cun carril bici-vaca, iniciativa impulsada pola empresa Casa Grande de Xanceda a Vicerreitoría da Universidde de Vigoe o Concello da capital das Rías Baixas.
Trátase dun carril bici que conecta o campus coa cidade que ten unha serie de pasos de peóns pintados con manchas que emulan a pel dunha vaca.
Segundo explicou a responsable de comunicación de Casa Grande de Xanceda Sara Torreiro, a actividade insírese na iniciativa "pasos de vaca", dirixida a "conectar o rural coa xente máis nova e promover un estilo de vida máis saudable".