O Ribeiro amosa os seus viños en Irlanda


O Consello Regulador da D.O. Ribeiro xunto cunha delegación das súas adegas amosou os seus viños ao público profesional e prensa especializada de Dublín. Consisteu nun showroom coa participación de Alanís, Campante, Casal de Armán, Cunqueiro, Cuñas Davia, Eduardo Peña, Finca Viñoa, Pablo Vidal, Pateiro, Pazo do Mar, Val de Souto e Viña Costeira.

O evento iniciouse cunha clase maxistral guiada por John Wilson, recoñecido crítico de viños do diario The Irish Times, na que los asistentes puideron descubrir a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia a través dos seus viños brancos en diferentes estilos e elaboracións.

Dende a organización do evento, Juan M. Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, asegura que “con esta potente iniciativa ofrecemos a adegas pequenas, medianas e grandes acceso a un novo mercado e que así poidan reforzar os seus canles de venda a nivel internacional” e explica que “puidemos celebrar esta minifeira en Dublín grazas ao apoio da Deputación de Ourense, representada nesta cita polo seu vicepresidente e alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil”.