O Plan de Sostibilidade Turística, polo que Marín acadou 2 millóns de euros no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos Fondos Next Generation da Unión Europea contempla dentro de todos os eixos de actuación o coidado do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.
Nesa liña, a renovación de todo o alumeado público para avanzar no aforro enerxético é fundamental. Nestes momentos estase actuando no tramo do Vial de Praias que vai desde a última baixada á praia de Mogor ata a Rúa Gago de Mendoza, onde se renovarán 72 puntos de luz, tanto a farola como a luminaria, para instalar tecnoloxía LED.
O concelleiro de Rural, Pablo Novas, fixo unha visita acompañando aos técnicos das dúas empresas que se están encargando da execución desta obra, dividida en dous proxectos diferentes: Lumea Instalaciones SLU e Formatesa Lalín.