Máis dun cento de empresas de Alcante e Barcelona asistiron ás reunións de traballo promovidas pola Deputación


Máis dun cento de empresas de Alacante e Barcelona asistiron ás reunións de traballo que a Deputación de Pontevedra organizou en ambas as dúas cidades para promover os atractivos turísticos da provincia. Todas elas puideron coñecer a oferta de máis de 25 empresas e entidades da provincia en encontros de traballo que tiveron lugar no Hotel Spa Porta Maris de Alacante e no Esklandestino da Cidade Condal, onde a deputada provincial de Turismo, Nava Castro, presentou as alternativas para gozar da provincia de Pontevedra ao longo dos 365 días do ano. O turismo familiar e vacacional nas Rías Baixas foi a principal demanda en Alacante, mentres que en Barcelona o interese centrouse en congresos, eventos  e no turismo científico.