Madrugadoras xornadas micolóxicas en Santiago



O Concello de Santiago e a asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo colaboran, un outono máis, na celebración das Xornadas Micolóxicas de Conxo. O concelleiro Xan Duro e o experto en micoloxía, José María Costa Lago, presentaron hoxe as actividades, que se desenvolverán os próximos días 13 e 14 de outubro.

Xan Duro lembrou que as Xornadas Micolóxicas de Conxo "naceron hai xa quince anos da man duns afeccionados micólogos próximos ao barrio, e neste tempo foise incrementando o interese polo mundo dos fungos". Para o concelleiro, "esta iniciativa é un bo exemplo das sinerxias que deben cremos que deben xerarse ao redor dos centros socioculturais, nos que a propia veciñanza é protagonista no deseño da programación". Duro tamén lle agredeceu á asociación Pan de Raposo e en particular a José María Costa "o seu traballo e o seu esforzo didáctico nestas xornadas".