Gadisa abre un Claudio Express en Lalín



Gadisa da a benvida a un novo establecemento do modelo de negocio franquiado Claudio, o número 14 deste ano 2023. Trátase dun Claudio Express que abre as súas portas en Lalín; concretamente na estación de servizo Galp, localizada no km. 296 da Estrada N-525, no lugar de Bendoiro.

O Claudio Express está configurado como un espazo para realizar unha compra rápida, cómoda e económica. Nunha sala de vendas de 75 m2, a variedade está seleccionado para satisfacer as necesidades básicas dos clientes cunhas 750 referencias de produtos de alimentación, droguería e hixiene.

O complexo conta cun amplo horario de atención ao público, que ten á súa disposición gasolineira, túnel e boxes de lavado e aspirado, que completan os servizos.