Criadoras e criadores de Láncara, Castro de Rei, Riotorto e Pol, recoñecidos no Concurso Exposición Monográfico Provincial da Raza Galiña de Mos


O deputado Daniel García entregou os premios do VII Concurso Exposición Monográfico Provincial da Raza Galiña de Mos de Lugo, organizado pola Federacion de Razas Autóctonas Galegas (BOAGA) durante mostra agrogandeira ExpoLugo A Rural, con premios para as criadoras e criadores dos mellores exemplares de galos e galiñas que se puideron ver esta fin de semana no Pazo de Feiras e Congresos.

No acto recoñeceuse tamén a participación de gandeiros e gandeiras que achegaron ao recinto feiral vacas e tenreiros das razas bovinas limiá, cachena, caldelá, frieiresa e vianesa, e exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega, razas agrupadas en Boaga.