Compostela busca turistas de alto valor engadido na feira máis importante de Xapón


Turismo de Santiago participou na JATA, principal feira turística para o mercado xaponés, que se celebrou en Osaka. O mercado xaponés é estratéxico para Compostela xa que os seus turistas teñen un elevado gasto medio diario por persoa, chegando a situarse no 2022 en 262 euros, segundo os datos da Enquisa de Gasto Turístico, elaborada polo INE.

Ademais do gasto medio diario por persoa, o turista xaponés é estratéxico para o desenvolvemento do novo modelo turístico de Compostela, xa que se trata dun turista consciente, respetuoso co Patrimonio e a vida cotiá da veciñanza dos destinos que visita.


A entidade de xestión turística municipal participa na Jata cun mostrador propio no Stand de España. Tamén manterá múltiples reunións con profesionair do sector xaponés interesados en organizar paquetes vacacionais en Santiago. Ademáis, Turismo de Santiago xa participou nun Workshop organizado pola Oficina Española de Turismo, que se celebrou na véspera do inicio da feira e contou coa participación dos turoperadores e das axencias de viaxes máis importantes do país.