A Ruta dos Viños Oceánicos, exposición da IXP Ribeiras do Morrazo


O GDR Pontevedra-Morrazo amosa na súa sede a exposición " A Ruta dos Viños Oceánicos"un itinerario enoturístico e cultural da IXP Ribeiras do Morrazo, que ten como fío condutor a cultura do viño a través dos concellos de Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Pontevedra, Poio e Redondela.

O GDR esta a desenvolver un itinerario enoturístico e cultural baseado nunha realidade histórica, antropolóxica e económica que xira arredor da tradición vitivinícola. Unha ruta inspirada nos principios definitorios marcados pola UNESCO para os Itinerarios Culturais e que une os diferentes concellos e comarcas cuxa arraigada tradición cultural tivo como protagonista os viños e as castes da IXP Ribeiras do Morrazo. A través da exposición desta Ruta, preténdese:

Entre o 27 de outubro e 24 de novembro celebraranse 4 eventos temáticos, cunha mesa redonda ou faladoiro, una peza musical relacionada co tema do coloquio e catas comentadas para probar e coñecer mellor os viños de Ribeiras do Morrazo.