A planta de secado de xamóns da empresa cárnica Torre de Núñez cumpre dez anos


A planta de secado de xamóns que a empresa cárnica Torre de Núñez ten no concello do Corgo xa ten unha década. Á cita acudiron diversos representantes públicos, entre eles o presidente da Xunta e o máximo representante da Deputación de Lugo, que manifestou que esta empresa con máis de 50 anos de historia é un “exemplo das potencialidades industriais da provincia e da capacidade dos empresarios lucenses para competir con éxito nun mercado global”.

No acto participaron tamén o Presidente de Torre de Núñez, Manuel Núñez Aldegunde; o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e o Alcalde do municipio, Felipe Labrada; entre outras autoridades. A cita, organizada por Torre de Núñez, contou cunha visita guiada polas instalacións da nave e unha degustación de produtos.