A Deputación avanza cos 11 concellos do proxecto de megalitismo do Parque Arqueolóxico da Costa da Morte
O deputado de Contratación, Patrimonio, e Equipamentos, Xosé Penas, informou sobre o estado do proxecto, e sobre a partida orzamentaria da Deputación para as distintas actuacións, que alcanza os 200.000 euros. Ademais, puxo de manifesto o compromiso da entidade provincial para o incremento deste orzamento conforme se vaian acordando as diferentes fases do proxecto.
Difusión do proxecto
Como próximos pasos para dar a coñecer o proxecto acordouse nesta reunión a posta en marcha dunhas xornadas de divulgación e promoción do Parque do Megalitismo, que abarcarán non só aspectos turísticos, senón tamén técnicos e científicos. Lembráronse as xornadas realizadas en 2021 ao inicio do proxecto, valoradas moi positivamente polas diferentes institucións, recalcando o impacto positivo que tiveron na comunidade escolar e educativa.