Un espazo no Mercado de Santiago promociona os produtos galegos con catas e degustacións


Baixo o reclamo "Na túa despensa, o mellor de Galicia", Bódegas Martín Códax, Cafés Candelas, Cuevas Marrón Glacé, El Nogal, Granbazán, Larsa, Méndez-Rojo, Pazo do Queixo, Quescrem, Real Conservera Española e Torre de Núñez estarán presentes do 12 ao 19 de setembro na Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. Trátase dunha aposta do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que conta co apoio do Concello de Santiago e que busca a promoción conxunta de produtos galegos, nos que o posicionamento das diferentes marcas contribúe a proxectar a marca Galicia e dá continuidade as estratexias de marketing e comercialización das empresas socias.


Deste xeito, o posto de Clusaga na Nave 6 do Mercado estará a ofrecer catas e degustacións dos produtos destas entidades, en horario de 9.30 a 14.30 horas. As persoas que se acheguen aos postos coñecerán de primeira man alimentos e bebidas das diferentes marcas e poderán recibir agasallos ou participar no sorteo de experiencias de turismo industrial ou gastronómico, entre outras actividades.


Esta primeira acción promocional, organizada dende a Área de Mercados e Internacionalización de Clusaga, conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, Asociación Hostalaría Compostela e Socivi. Ademais, están involucradas nas outras entidades socias de Clusaga como o Consello Regulador da DOP Arzúa – Ulloa, o Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia, Lugar Daveiga e Pazo de Vilane.