Sanxenxo recibe á Feira da Cebola



Sanxenxo contará con 44 postos na contorna da Praza dos Barcos para a celebración da XLI Feira da Cebola que terá lugar hoxe coincidindo coa celebración de Santa Rosalía. A xornada dará comezo con pasarrúas e alboradas a cargo da Asociación Cultural Abiñadoira e a Banda de Música de Sanxenxo. Ás 10 horas, procederase á apertura de casetas e a venda das hortalizas. Este ano como novidade haberá un posto de pan de cebola e un taller infantil impartido por unha ‘ceboleira’ no que os máis pequenos poderán aprender a realizar composicións artísticas e ristras con cebola.

No mesmo recinto, ás 12 horas, dará comezo a cerimonia das Cebolas de Ouro 2023, galardón co que nesta edición distinguirase ao enxeñeiro da Nasa con vínculos familiares en Sanxenxo, Fernando Abilleira, e a médica Adriana Nieva que exerceu a súa profesión no municipio.