Sanxenxo prepara os trámites burocráticos para encher de luz as súas rúas no Nadal


Sanxenxo volve apostar polo período do Nadal para reforzar unha tempada vacacional que ano tras ano mellora os seus datos de visitantes. Xunto á programación que se está elaborando para estas datas desde o departamento de Cultura, Turismo de Sanxenxo acaba de sacar a licitación a iluminación con novos adornos e máis zonas por 257.699 euros por un período de dous anos. O prego contempla 71 espazos e 302 motivos que se colocarán ao longo de 55.886 metros cadrados das sete parroquias do municipio.