Sanxenxo, líder de novo da ocupación hoteleira en Galicia



O INE publicou os datos de pernoitas hoteleiras de agosto. Mes no que Sanxenxo volveu a liderar a ocupación hoteleira de Galicia con 234.938 pernoitas (3.877 menos que en agosto de 2022), o que supón o 14,4% do total de Galicia (1.631.894) e o 33,2% da provincia de Pontevedra (707.468). Sanxenxo superou ao resto das cidades galegas, Santiago de Compostela (212.045), A Coruña (121.675) e Vigo (118.798). Tamén a San Sebastián (220.001) pero nesta ocasión non a Bilbao, un destino gastronómico e cultural, que sumou 271.138 pernoitas.