A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro Fernández, e o presidente da Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, Isidro Cillero Prieto, e tres directivos do colectivo, presentou este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos as XIII Xornadas sobre Migracións Indianas e a Feira Indiana, que se celebrarán o vindeiro sábado, 23 de setembro, e o 4 de novembro, co apoio da institución provincial.
Marisol Morandeira felicitou ao colectivo organizador polo seu traballo para sacar adiante un encontro “de tan alto valor cultural e histórico”, que “visibiliza a importancia que tivo a migración no progreso cultural e económico de Santaballa e pon en valor o seu rico legado”. Ademais, “repercute moi positivamente na hostalería e no comercio vilalbés”, e favorece “o tipo de turismo sostible, de calidade e experiencias que impulsamos dende a Deputación”.