Representantes de navieiras norteamericanas visitan Ferrol para programar as excursións durante as escalas dos cruceiros


 A concelleira de Turismo de Ferrol, Maica García, acompañou esta mañá os representantes de navieiras norteamericanas durante unha visita organizada para coñecer os recursos turísticos que ofertar nas travesías dos buques de pasaxe.

A delegación estivo composta por persoal das navieiras Windstar Cruises, Aboard the World e Azamara, así como por delegados de Turismo de Galicia, Turespaña e da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A visita comezou cun percorrido polo barrio de A Magdalena para, posteriormente, rematar nas instalacións técnicas e nas portuarias de Ferrol.