Premio turístico para a Festa da Filloa de Muimenta


A Festa da Filloa de Muimenta, en Cospeito, resultou recoñecida nos premios á excelencia turística do Consello Provincial de Turismo, segundo acordou este órgano presidido pola Deputación nunha sesión extraordinaria celebrada este martes no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos.

A Festa da Filloa celébrase dende 1992 na localidade chairega cada primeiro de maio, e conta coa declaración como Festa de Interese Turístico Galego. A institución provincial achega 7.000€ a esta cita turística para contribuír a dinamizar a economía local e da comarca.