Portonovo renderá homenaxe ao mellores produtos do mar a próxima fin de semana coa V Festa da Empanada Mariñeira que xa se fixo un oco entre as citas gastronómicas de referencia en Galicia. O Club de Piragüismo de Portonovo, coa colaboración do Concello de Sanxenxo e da Confraría de Pescadores de Portonovo, volve repetir unha fórmula que desde hai xa catro anos funciona e axúdalle a recadar fondos para continuar coas actividades ao longo da tempada levando ao municipio como bandeira.