Ao respecto da cita en Madrid, o Concello de Pontevedra participa o vindeiro mércores, 20 de setembro, na xornada “O futuro da mobilidade sostible” organizada polo Grupo de traballo de Camiños de Madrid: enxeñería do futuro do Colexio de enxeñeiros de camiños, canais e portos. Asistirá ao encontro o director xeral de Mobilidade e obras, Jesús Gómez Viñas para expor o singular modelo de zonas urbanas de baixas emisións da cidade xunto aos concellos de Madrid, Barcelona e Londres.
Trátase dun encontro de formación aberto aos colexiados de Madrid dentro das liñas de traballo da entidade que pretende canalizar as demandas e necesidades para o desenvolvemento do servizo.
Ao tempo, Pontevedra foi obxecto neste mes de setembro dunha reportaxe na revista norteamericana Fast Company, unha publicación de negocios con seis números anuais que recolle a súas reportaxes en fastcompany.com No caso da referencia a Pontevedra, chega da man do profesional da mobilidade David Zipper, profesor asociado do Centro Taubman da Harvard Kennedy School.