Os turistas de Ferrol, interesados no patrimonio cultural e no legado naval



Turista madrileño, de entre 31 e 60 anos, interesado no patrimonio cultural e no legado naval. É ó perfil ao que responde a maior parte dos visitantes de Ferrol en agosto, segundo o informe cos datos estatísticos recollidos nas oficinas de turismo da cidade, isto é, a da praza de España e a do peirao de Curuxeiras.

De acordo coas enquisas realizadas entre os usuarios do punto de información da praza de España, a maioría dos turistas proceden de diferentes rexións do territorio español, pero “destacando con moita diferenza” os de Madrid.

En canto aos visitantes do estranxeiro, “obsérvase unha gran afluenza de países europeos” como Italia, Francia, Portugal e Alemaña.

En xeral, a distribución entre homes e mulleres “é equilibrada” e os motivos da viaxe obedecen, principalmente, a un turismo cultural, histórico e arquitectónico e, de xeito nomeado, ao legado naval da cidade.

De feito, o castelo de San Felipe contabilizou 10.892 visitantes en agosto, fronte aos 7.354 de xullo.


Ferrol estreou este verán o novo albergue de peregrinos, na Casa do Mar, como un espaldarazo á promoción do Camiño Inglés, que non deixa de medrar durante os últimos anos por tratarse dunha ruta de contrastes entre a costa e o interior, e asumible en canto a distancia e dificultade.